Sentímo-nos moi arroupadas ao ver todo o que se anda a organizar polas latitudes da Galiza. Obrigadas, companheiras!
Colamos aquí dúas convocatorias solidárias en apoio ás encausadas por defender o Escárnio e Maldizer:
En Cangas, dende hoje martes 12, ata o domingo 17, as compas organizan umhas jornadas con documentários, palestras, teatros, música… Aquí o cartaz cos horarios:
E o sábado 16, no CSA do Sar non perdades o evento organizado por Hip Hop Ateneu, en colaboraçom co CSA do Sar e O Pozo: Jornada Lumpen Rapper en solidariedade co Escárnio, a partires das 18.00 maratón de rap con artistazas, e continuando a festa despois n’O Pozo coa sesión quinqui de DJ Tips.