Mañá continuamos coas atividades a través do documentario “Anti-Mulheres. Existir MAL”. Deixámos-vos a reseña da man da súa autora, Beatriz Saiáns, para que vos animedes a vir curiosear mañá 28 ás 20.00 no CSA do Sar
<<Anti-mulleres, foi un proxecto autoxestionado realizado no norte do estado espanhol que pretendía levar un pouco de luz a eses muros da vergonha que son as cadeas, no que mulheres falan dende diferentes situacións sobre unha mesma realidade; cómo lles afecta a cadea. Pero ten moitas carencias; non aparece ningunha realidade bollo ou trans por exemplo, ou testimonios de persoas racializadas que son o 30% da poboación penitenciaria femenina.
É polo tanto unha curta sesgada. Quero deixar isto moi claro.>>
Aquí o teaser
Adiantamos tamén o cartaz da atividade do sábado, pra ir abrindo boca. Mais lembrade que queda unha semana chea de cousas!