Cineclube Compostela nas Jornadas antirrepresivas dos centros sociais

Esta noite ás 21.00 tedes umha cita co Cineclube de Compostela na Gentalha Do Pichel, coa projección do filme “Roma, cidade aberta”. Colamos a informaçom do seu blogue:

<<“No ámbito do cinema internacional, Roma, cidade aberta, un filme realizado con poucos medios e por un director que estivera ao servizo do Duce, convertíase nun dos filmes paradigmáticos do neorrealismo italiano e da renovación estilística do cinema mundial. Xa de entrada, a incursión deste filme no contexto español, polo menos desde o debate teórico, presentou unha problemática acorde coas tensións políticas da década dos corenta onde a Igrexa mantivo e consolidou a súa influencia tamén no ámbito da censura cinematográfica e teatral”.

[Tirado de “Roma, Cidade Aberta: Cultura e fascismo trala derrota do eixe” por Ana Rodríguez Granell e Marta Piñol Lloret en “Estudios sobre el Mensaje Periodístico”, Vol 23, nº 1, Universidad Complutense de Madrid (2017), pp. 587-601].

Mércores 22 de novembro ás 21:30 no Pichel
Roma, cidade aberta
(Roma, città aperta, Roberto Rossellini, Italia,1945, 103′, VOSG)
Xornadas contra a represión. En colaboración con A Gentalha do Pichel, CSOA Escarnio e maldizer e CSA do Sar>>

Amanhá continuamos co obradoiro de seguridade informática (I), ás 19.00 no CSA do Sar

Advertisements