TANTA HISTORIA POR UNHA CASA?

Colamos esta aportación achegada por unha individualidade solidaria:

“Que va… A cuestión que está en xogo é outra.

Claro que nos gustaba o local do Escárnio. Pero a motivación de moitxs de nós non reside só en dispoñer dun espazo para facer actividades.

A nosa vontade é desencadear e soster ambientes colectivos que nos ofrecen certos atractivos que non se poden comprar. Ten algo que ver con encarar un asunto pendente, con algo que nos foi sistematicamente negado. Vivenciar a libre experimentación, a libre decisión. E iso conleva saltar algún cerco, eludir o control, sair dos límites da lei.

Porque a lei… a lei só sabe de números.

Asaltamos o valor, a propiedade. Queremos gañar tempo. Queremos afirmar o mundo fronte á súa imaxe. Para situarnos nel como individuxs únicxs. Para atoparnos e posibilitar algunha forma de comunidade mentres resolvemos os nosos propios problemas.

Tomar o coñecemento através da práctica da solución non mediada das nosas necesidades. Vinculando medios e fins, desde fóra de toda expectativa ou de todo carreiro pre-fixado.

Xa sexa na okupa, ou en calquera outro proxecto, ou na cotidianidade das nosas relacións.

E acontece que nos instantes que mais brilla a autonomía individual e colectiva emerxen trascendencias inesperadas que non fan máis que alimentar a nosa convicción. Aquilo que sempre estivo, aparece. E xa non coma unha ou outra imaxe, senón como un acontecemento de importancia para cada unha das que o viven.

Que gardarán o máis fiel rexistro do mesmo na súa memoria, para poder desencadear situacións semellantes, se cadra chegando un pouquiño máis alá.

E claro que suscita medo o conflicto contra a autoridade. Pero ese medo, ese “sabernos en perigo” no que nos atopamos, tamén abre portas. En primeiro lugar, á autenticidade das persoas que están dispostxs a encaralo, con carapucha ou sen ela.

E iso témeno. Por iso prepáranse con helicópteros, titulares e farlopa abundante para ir ao noso encontro. E nen a vergoña lles impide ter a frialdade de deter a unha persoa despois de deixala inconsciente, e mesmo acusala de delitos como para mandala ao talego.

Sabemos do seu segredo, e cáusalles pánico que se corra a voz.

A SOLIDARIEDADE É SEMENTE

NA NOSA AUTONOMÍA, NAS NOSAS RELACIÓNS, O REVERSO DA SÚA MISERIA

NADA REMATOU”

18768623_774875759350183_8227837355917015995_o

Fotografía de Punkostela

Advertisements