Apoio ás companheiras de Errekaleor Bizirik!

Queremos compartir o comunicado das compas de Errekaleor Bizirik, quen están sufrindo actualmente un caso represivo que ameaza co seu despejo. Convocaban unha manifestación multitudinaria para hoje en Gasteiz. Todo o noso apoio! Errekaleor Bizirik, barrio VIVO!
Aproveitamos para enviar tambén unha aperta enorme ás compañeiras de Can Sanpere, que esta semana ficaban, igual que nós, sen o seu espazo.

Contra a súa represión, a nosa solidariedade!!

“Errekaleor (Vitoria), luns, 22 de maio de 2017

Petición de axuda aos compañeiros e compañeiras que loitan no mundo.

Escribímosvos dende un pequeno barrio rebelde chamado Errekaleor, dun pequeno pobo rebelde, Euskal Herria. Errekaleor é un barrio rebelde, un territorio baixo o dominio popular en pleno Europa, un barrio que pouco a pouco foi tecendo redes de apoio e autoxestión fronte ao individualismo do mercado. A historia do barrio comeza hai 50 anos, cando obreiros e obreiras inmigrados ao noso pobo levantaron as vivendas para asegurarse unha vida digna. O barrio mantivo a súa identidade popular durante décadas, ata que resultou xugoso para os especuladores capitalistas. Pretenderon derribalo e construír vivendas de luxo, polo que expulsaron aos lexítimos habitantes e intentaron derribar o barrio.
Porén, un reducido grupo de estudantes decidimos que non íamos permitir que o pouco que está nas nosas mans pasases a mans dos de arriba. De forma organizada comezamos a habitar as casas e a articular un espazo de contrapoder popular no corazón do sistema. Fomos expropiando as casas baleiras e terras do inimigo ata conformar unha comunidade de 150 persoas: xoves, estudantes, familias chegadas dende fóra… construíndo un pequeno mundo multicolor. Fomos crecendo lentamente, ata levantar un cine, unha panadería, un centro social… Pouco a pouco, fomos logrando tecer un dos poucos territorios na Europa do capital no que, como din as compañeiras zapatistas, o pobo manda e o goberno obedece.
Como xa sabemos, calquera forma de poder popular é, por definición, contraria ao poder establecido. Por iso, este 18 de maio a policía armada irrompeu no noso barrio detendo a tres compañeiros, ferindo a decenas e cortando a luz a todas as familias do barrio –incluído anciáns e nenas. É o primeiro paso para expulsarnos, destruír o barrio e construír os seus palacios sobre as ruíns dos nosos soños.
Pero aínda sabendo que a loita non é doada, temos a firme vontade de resistir no noso barrio. ¡Non pasarán! Berraron en Madrid, sitiado polos fascistas, hai case cen anos, co apoio de numerosos compañeiros vidos de todo o mundo. ¡Non pasarán! Berramos agora e quizais, se nos apoian, non pasen.
Por elo, fixemos un chamado a unha manifestación internacional para o próximo 3 de Xunho, unha manifestación na que collan moitas manifestacións en defensa de Errekaleor. Nós poñemos o lema: “Témolo claro, viva o pobo!” e pedimos á xente que o encha de contido coas súas loitas, as súas palabras, os seus mundos. Nós poñemos o esqueleto e invitámosvos a poñer o músculo. Por elo, pedimos ás compañeiras que se poidan achegar, que veñan a manifestarse por nós cos seus lemas e reivindicacións. Ás compañeiras do resto do mundo pedímoslle unha pequena aportación: unha foto, un texto, un vídeo ou calquera mostra de apoio…
Defendamos o construído; a causa lexitímanos, a unión faranos fortes.
¡Non pasarán!
Para enviar mostras de apoio e solidariedade: gukargidaukagu@gmail.com
Información sobre o barrio e o proxecto que levamos a cabo https://es.wikipedia.org/wiki/Errekaleor18664282_1339217866169725_9095609984884020677_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s