XOGACHES ALGUNHA VEZ A SER CORPO?

Xornadas organizadas por Lésbicas creando

| PROGRAMACIÓN

Cartaz Corpo


XORNADAS FEMINISTAS LGBTQI


XOVES 31
[18:30h – EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA]
RECUPERANDO A TEXTURA -VERÓNICA RAMILO GRAÑA

VENRES 1
[20:30h – EXPOSICIÓN CON PERFORMANCE INTERACTIVA] 
AULA DE DESENHO – DEDENDERA – FABÍOLA AUGUSTA

SÁBADO 2
[9:30h – OBRADOIRO]
A VOLTAS CO CORPO. OBRADOIRO VIVENCIAL DE CRECEMENTO PERSOAL DENDE O BO TRATO – BERTA VEGA VILLAAMIL
[12:30h – OBRADOIRO] CORPOS VIOLETAS. OBRADOIRO DE RESPIRACIÓN OVÁRICA E ARTE TERAPIA – VANE SOLO & SOL QUEIRO
[15h – PICNIC]
[17:30h – OBRADOIRO] CORPOS EN MOVIMENTO, VIVENCIANDO O PRAZER – MARI FIDALGO
[21:30h – SESIÓN DE TATUAXE] TATUAGEM – PIRATUM
[23h – PERFORMANCE] DESCONSTRUIR DAS DESPENTEADAS – GRUPO PERFORMATIVO PARA DESPENTEAR A FEMINILIDADE
[23:30h – PINCHADA CON PROXECCIÓNS] ELECTROQUEER VISUAL SESSION – PABLO ANDRADE
[01:30h – ESPECTÁCULO DRAG KINGS] DRAG KINGS – SHEDY BOY & JHONNY PISTOLAS

DOMINGO 3
[16:30h – PRESENTACIÓN DO LIBRO E CONVERSA] PRESENTACIÓN STOP GORDOFOBIA Y LAS PANZAS SUBVERSAS – MAGDA PYÑEIRO
[18h PECHE – PERFORMANCE] FEMINILIDADE – IMPOSIÇAO OU IMPOSTURA – MARIMANTAS



LÉSBICAS CREANDO
é un proxecto baseado no empoderamento, no que situamos as identidades que están nas marxes da estrutura social como o centro da acción, como o nexo que conecta persoas e procesos e como as voces que falan e fan en primeira persoa, visibilizándosee interpelando.

Creamos posibilidades e redes, partindo das alianzas prohibidas que establecemos na nosa cotidianidade. Estas xornadas están organizadas por LÉSBICAS+1, e co apoio de compañeiras a nivel afectivo, creativo, loxístico…

XOGACHES ALGUNHA VEZ A SER CORPO? é un convite, e crear posibilidades: para outros corpos e identidades, para darnos existencia, agarimos, benvida; corpo como xogo, como lugar que habitamos, como relación, como provocación, como lugar de poder e pracer, como campo de batalla. Corpo como identidade-transformación individual e colectiva.

 


INFORMACIÓN IMPORTANTE


As xornadas son autoxestionadas, polo que en todas as actividades haberá un bote solidario para que cada quen faga a aportación económica que poida e queira (agás na “Tatuagem”, que polas súas características ten prezo de 20€/media hora de tatuaxe). Esta é unha escolla consciente, a través da que queremos que as posibilidades económicas non sexan un impedimento para ter vivencias, para estar noutros espazos posibles, para empoderarnos xuntas. E tamén, porque queremos revalorizar e reforzar as redes de sostemento entre nóscomo fundamentais, para que poidamos seguir facendo o que facemos dignificadas, libres, agarimadas e co sostemento económico que precisamos.
A posibilidade de aloxamento solidario está aberta para xs que veñades de fóra de Compostela, e xestionámola no momento da inscrición.
Algunhas das actividades precisan de inscrición previano mail delesbicascreando@gmail.com, xa que o espazo e contido ten número mínimo-máximo. Sen esta inscrición previa non podemos garantir que poidades asistir/realizar a actividade.
As xornadas son feministas, libres de calquera tipo de discriminación por razóns de xénero, orientación, corporalidade, pluma, funcionalidade, etnia, idade, situación económica… e libres de calquera outro tipo de violencia.
O xantar común do sábado évegano.
O sábado será unha xornada de espazo propio*, reservada para persoas con identidade de mulleres/trans*/xénero fluído, de calquera orientación sexual.

 


ESPAZOS


Libraría Lilahttps://www.facebook.com/LiladeLilith/
CSOA Escárnio e Maldizer
– https://csoaescarnioemaldizer.wordpress.com/onde-estamos/
Burgo das Nacións – http://www.burgodasnacions.com/p/enderezo-contacto.html
Parque do Auditorio (ao lado do Burgo das Nacións)

 

 


PROGRAMACIÓN – XOVES 31 [Libraría Lila]


[18:30h] EXPOSICIÓN RECUPERANDO A TEXTURA| VERÓNICA RAMILO GRAÑA (Galiza – Catalunya)

VERÓNICA RAMILO GRAÑA
Traballadora Social, Sexóloga e apaixoada da arte.

RECUPERANDO A TEXTURA
Unha exploración das texturas vulnerabels na cámara escura da intimidade. Un traballo de autorretrato fotográfico arredor da dor física e emocional , arredor da expresión da fragilidade e e o poder transformador do proceso criativo.
Esta exposición é fruto dunha serie de traballos desenvolvidos baixo a orientación da artista catalana Cristina Núñez e o seu método «The Self-Portrait Experience»
ramilo123@gmail.com
https://querendomulleresconendometriose.wordpress.com/

 

 


VENRES 1 [Escárnio]


[20:30h – con inscrición] AULA DE DESENHO | DEDENDERA – FABÍOLA AUGUSTA (Portugal)

dedendera - aula de desenho

louvadasejascrua! Vestida de nua
DEDENDERA – FABÍOLA AUGUSTA
Fabíola é artista e investigadora.
Desde cedo desenvolveu o seu gosto pelo movimento, som, textura, suor, matéria, através da música, dança, desporto, e viagem, tendo investido em projetos de criação musical e dançateatro.
DEDENDERA é o seu percurso de pesquisa, evidenciando o eixo interno pelo exemplo da conexão do aparelho reprodutor feminino com o orgão da voz, considerando o corpo como pleno de fluido e de memória. Os capítulos desta jornada têm sido produzidos em meios diversos, da gravura e do desenho à escultura, acções e performances, e vão desde:
doença-­cura, Eteran – flutuação ou desenho de cama, Brio, a veículo matéria e flecha­-voz, solo e mulher farol. São motivação o estreitar do elo entre a multidimensionalidade do ser e a formalização plástica, e experimentar apurar a percepção e ensaiar a comunicação desse eixo interno e do centro do corpo.

AULA DE DESENHO
Depois de seis anos a posar para aulas de desenho em vários estabelecimentos de ensino artístico e design no Norte de Portugal, decido trazer a público algumas das experiências vividas e revelar algumas intenções e acções subliminares por mim levadas a cabo no exercer da profissão de que agora me despeço.
Plataforma viva de questionamento crítico, politico, criativo, na articulação e fusão de sujeito passivo e sujeito activo.
http://www.dedendera.com
dedendera@gmail.com

 


SÁBADO 2 – ESPAZO PROPIO* & XANTAR COMÚN [Burgo das Nacións]


[9:30h – con inscrición] A VOLTAS CO CORPO. OBRADOIRO VIVENCIAL DE CRECEMENTO PERSOAL DENDE O BO TRATO | BERTA VEGA VILLAAMIL(Galiza)

logobn

BERTA VEGA VILLAAMIL
Pedagoga, sexóloga e feminista.
Traballo facendo Terapia Sexual e de Parella e como facilitadora en obradoiros vivenciais de habilidades para a vida dende o bo trato, co xénero como eixo fundamental. Algunhas habilidades para a vida: a vivencia da Sexualidade, o Crecemento Persoal, o Autocoñecemento, a Resolución de Conflitos, outras formas de Comunicarnos …

A VOLTAS CO CORPO
Estamos moi acostumadas a vivenciar o que nos acontece a través da cabeza, esquecéndonos do corpo, do que este sinte e nos pide. Neste obradoiro tentaremos darlle máis presenza e consciencia., xa que facernos cargo do propio corpo forma parte do empoderamento.
https://www.facebook.com/armelaou

 

[12:30h – con inscrición] CORPOS VIOLETAS. OBRADOIRO DE RESPIRACIÓN OVÁRICA E ARTE TERAPIA | VANE SOLO & SOL QUEIRO (Galiza – Colombia)

corpos violetas

Creadoras: Vane Solo (facilitadora do obradoiro) & Sol Queiro

VANE SOLO
Psicopedagoga, Arte Terapeuta e Terapeuta en Respiración Ovárica.

CORPOS VIOLETAS
Cando unha muller cede o seu poder, cede a súa enerxía creativa. A técnica da respiración ovárica reúne diferentes secuencias que nos axudan a contactar a enerxía do noso corpo, especialmente coa enerxía sexual e aprender a manexala en pro da  nosa propia saúde, creatividade, e do noso proxecto de vida.
Moitos dos bloqueos cos que nos atopamos no corpo veñen dados pola interiorización de crenzas, pola nosa cultura, pola sociedade e polas diferentes concepcións que nela se teñen sobre a enerxía sexual e o que significa ser muller. Isto marca amplamente a nosa propia actitude cara esta enerxía.
A Arte Terapia é unha ferramenta de mellora persoal. Nela a arte busca colaborar no benestar sustituíndo á palabra.
laviejasirena75@hotmail.com

 

[15h] PICNIC
*Con inscrición, a non ser que traiades a vosa propia comida ao picnic.

 

[17:30h – con inscrición] CORPOS EN MOVIMENTO, VIVENCIANDO O PRAZER | MARI FIDALGO (Galiza – Brasil)

Mari

MARI FIDALGO
Psicóloga, feminista, ativista social na construçao de vidas dignas, plenas, em liberdade e felizes.
Um compromisso que me leva a experimentar e indagar em varios campos de ação, nos quais cruzam-se variáveis como o gênero, a classe, as migrações, os direitos sociais e a educação popular.
Um caminho partilhado e inspirado por muitas outras, que despertou o meu interesse em investigar sobre o corpo, o movimento e a interação grupal como veículos de mudança pessoal e coletiva.

CORPOS EN MOVIMENTO, VIVENCIANDO O PRACER
Habitar o corpo, ser corpo. Arrebatá-lo das garras de mercados e mandatos. Pô-lo a funcionar ao serviço da expressao, da autenticidade e do prazer. O prazer de ser, de reconhecermo-nos e estarmos conectadas como motor de micro-revoluções cotidianas. Fazermo-nos donas dos nossos corpos. Deixá-los dialogar. Sentirmo-nos.
Através de diferentes disciplinas e técnicas corporais trabalharemos a conexao com o prazer, entendo-o como canal de comunicação com a vitalidade, a intimidade, a afetividade e a subjetividade.
Música, movimento, contato e plástica ajudarão-nos a transitar pelos caminhos do prazer para exercitarmo-nos livres, abertas e vivas!
mariafidalgo_ba@riseup.net

 

[21:30h – con inscrición [Escárnio] TATUAGEM | PIRATUM (Portugal – Galiza)

12721615_10153297810591290_704649101_n

PIRATUM
Sou uma mulher com grande interesse em explorar as diversas possibilidades de modelar o corpo.

TATUAGEM
Conto partilhar um espaço intimo, através da tatuagem. Previamente analisando e explorando as possibilidades do desenho no corpo.
https://www.instagram.com/piratum00/

 

 


FESTA [Escárnio]


[23H] DESCONSTRUIR DAS DESPENTEADAS | GRUPO PERFORMATIVO PARA DESPENTEAR A FEMINILIDADE (Portugal)

12921086_1110341855685137_320277184_n

DESPENTEADAS
Despenteadas: Graça Ochoa, Helena Gonçalo Ferreira, Isabeli Santiago, Laura Geovanna, Margarida Cândido, Nicole Geovana, Renilda Rosa Dias.
Criação colectiva pelo Grupo Performativo para Despentear a Feminilidade, sob orientação de Margarida Cândido, arqueóloga de mulheres insubmissas.
(Re)conhecer a vivência individual, à construção colectiva, fazendo um strip-tease da segregação biológico-social do género que espartilha o ser autêntico pela expressão do corpo, da palavra, do som e da imagem.

DESCONSTRUIR DAS DESPENTEADAS
O Grupo Performativo para Despentear a Feminilidade apresenta o seu primeiro trabalho. É o resultado da exploração orgânica do ser mulher enquanto construção social, reciclando conceitos, definições e corpos até não sobrar biologia, apenas a crueza de ser. Exploramos como quem cozinha os esquemas de género heteronormativo e o merchandising patriarcal até os transformar em novas realidades e novas linguagens. Desconstrução colectiva e ao mesmo tempo radicalmente pessoal de todas as figuras de feminidade: mulheres com véu, com cabeças rapadas, mulheres transexuais, mulheres violadas e doridas, trabalhadoras sexuais, ninfomaníacas, donas de casa e todas as restantes feminidades proscritas… Somos muitas. Somos manas. Somos matilha.
margarida.candido@gmail.com

[23:30h] ELECTROQUEER VISUAL SESSION | PABLO ANDRADE (Galiza)

pablo electroqueer

ELECTROQUEER VISUAL SESSION
Selecciono a música electrónica que entra polas miñas orellas e ábreas de par en par.  Gústame seleccionar temas e vídeos que teñen que ver cos feminismos, a diversidade sexual e a cultura queer. Nunha sesión de electroqueer non encontrarás contidos machistas, racistas, maricabollotránsfobos ou que fomenten o maltrato animal.
https://soundcloud.com/electro-queer

 

[01h] DRAG KINGS | SHEDY BOY & JHONNY PISTOLAS (Galiza – Madrid)

 


DOMINGO 3 [Eskarnio]


[16:30h] PRESENTACIÓN STOP GORDOFOBIA Y LAS PANZAS SUBVERSAS | MAGDA PYÑEIRO (Canarias)

libro

MAGDA PYÑEIRO
Feminista por necesidad, por amor, por libertad, por supervivencia, por rebeldía. Me acompañan las etiquetas de mujer, emigrante, roja, sudaca, gorda, colonizada, subversa… por todas las trincheras y más. Co-fundadora de STOP Gordofobia.

STOP GORDOFOBIA Y LAS PANZAS SUBVERSAS
Crítica a los cánones de belleza establecidos, a los cuerpos ideales, a la tiranía de la estética… en definitiva, a todo aquello que atente a la diversidad corporal.
http://www.stopgordofobia.com

 

[18h PECHE] FEMINILIDADE – IMPOSIÇAO OU IMPOSTURA | MARIMANTAS(Portugal)

12919255_1110341789018477_1770583402_n

CRIAÇAO COLECTIVA DAS MARIMANTAS – SARA CERIZ & MARGARIDA CÂNDIDO
Começaram esta parceria em final de 2013, sem nome, sem objectivo, só pelo prazer da troca mútua. Renomear as convenções sociais e espectativas do ser e estar, descobrir-se no espelho da outra tem sido o resultado deste caminhar juntas.

FEMINILIDADE – IMPOSIÇAO OU IMPOSTURA
Exploração da feminilidade enquanto acto performativo.
Somos o que performamos? Seremos o fazemos ver, uma amostra do todo, uma sombra do ser?
margarida.candido@gmail.com

cropped-img-20160217-wa0023

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s