[CAMBIOS] Proxección do documental M.I.A.U. Movemento Insurrecional pola Autonomía de unha mesma

miau[ATENCIÓN] Pospoñemos a proxección motivo da concentración en solidariedade cos titeriteiros. A quen lle interese a concentración é mañá mércores ás 20:00h na praza do pan (cervantes).
A actividade comezará despois do remate da concentración.

O mércores que ven, día 10 de febreiro proxectaremos o documental MIAU (Movemento insurrecional pola autonomía de unha mesma) ás 20:00h.

Esta ferramenta foi creada para compartila e xerar conversación entre quen a vexa.

Sen ánimo de gañar diñeiro mediante a especulación do coñecemento, porque este perténcenos a todas e foi recuperado para liberalo.

É UN AGASALLO, NON o compres NON o vendas. Descárgao, cópiao, difúndeo, estuda, insignia.

O Movemento Insurrecto pola Autonomía dunha Mesma (MIAU), reúnese todas as noites, estuda e traballa por construír a autonomía básica: a do noso corpo. E faio en solidariedade, porque é máis divertido que liberarse soa.

Este documental é un guiño para todas aquelas que ignoramos o funcionamento do noso corpo e vémonos sometidas a calquera estrutura machista e patriarcal, xa sexa a médica, a farmacéutica, ou comida veleno ou calquera persoa que tente silenciarnos.

Nós loitamos por vivir nunha sociedade libre e mentres o facemos, creamos lazos de confianza e compartimos o coñecemento aprendido, esperando que se entenda que aí está a graza, en aprender e ensinar, con xenerosidade, matando o ego e a usura.

Por iso este documental é un agasallo, porque é coñecemento liberado.

Está dedicado a todas as mulleres, bruxas, gatas, que loitaron pola liberdade. E como non hai loitadora que non sexa perseguida polo poder, a todas aquelas que foron asasinadas, perseguidas, torturadas e que viven na nosa alma de guerreiras.

Trailer DOCUMENTAL del MIAU! (Movimiento insurrecto por la autonomía de una misma) from Productora deComunicaciónSocial on Vimeo.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s