Novas adquisicións de libros para a distribuidora do centro social

Desta volta estamos tratando de invertir en material para a nosa distribuidora, na que atoparedes exemplares das novas adquisicións:

  • Red de solidaridad de seattle da editorial klinamen, que trata sobre a experiencia de seattle da creación dunha rede solidaria para facer fronte a problamas laborales ou de vivenda.

Josep Alfons Arnau foi un educador social que exerceu durante vinte e seis anos, pero non foi por iso polo que lle coñecemos. Foi membro do colectivo Esquicie, colectivo que ademais de realizar labor terapéutico con bos resultados, editou a finais dos 90 a revista “O raio que non cesa”, dedicada á crítica contrapsicológica e a antipsiquiatría. Publicou varios artigos e deu charlas en diferentes xornadas por todo o estado. “Escritos contrapsicológicos dun educador social” recompila algúns deses textos e relatorios, e ponos a disposición do/a lector/a, de maneira que poida facerse unha idea facilmente de por onde vai a crítica ao sistema de saúde mental. Ao tratarse dunha recompilación de textos, atopámonos ante un libro que nos pon diante moitas cuestións de suma importancia que adoitan pasar desapercibidas ante nós/as. Seguindo coa tradición da antipsiquiatría, o autor relaciona constantemente a tolemia individual coa alienación social, coas relacións persoais non horizontais e cunha educación baseada nuns principios, valores e metas, que moi probablemente acabarán sumindo a moitas persoas na frustración máis absoluta. Denuncia a escasa (por non dicir nula) operatividade da psiquiatría e psicoloxía oficiais; explica as súas razóns de maneira moi comprensible e sensata; sinala como a industria farmacéutica impón as directrices que seguirán os/as psiquiatras buscando o maior beneficio económico posible, por encima (e moitas veces, a costa) da saúde dos/as pacientes; repasa as achegas teóricas da antipsiquiatría; dá pautas concretas para afrontar situacións de sufrimento psíquico e nocións sobre como, en caso de necesitala e decidir buscala, atopar axuda nun/a profesional da psicoterapia ou o asesoramento; e retrátanos, situándose, a situación dos/as menores nos centros de internamento, xa sexan de reforma ou de tutela.
Atopámonos, por tanto, ante un libro de eminente carácter didáctico, perfecto para introducirnos na materia xa que sinala e dá referencias de moitos dos camiños polos que seguir investigando. Con todo, é unha lectura recomendada tamén para quen xa teñan coñecementos sobre a materia, especialmente para aqueles/as que se dediquen (ou se estean preparando para facelo) ás chamadas ciencias “psi”: psicoloxía, psiquiatría, psicoterapia, educación social, traballo social, etc.

A psicoloxía, como outros tipos de saber que se pretenden terapéuticos ?a educación social, a psicopedagoxía, o traballo social, a criminoloxía, precisa da súa “contra”. Un “contra” que reclamándose da lexitimidade da existencia da psicoloxía a resitúe no terreo dunha tradición humanista e terapéutica, entendendo terapia como axuda.

Axuda a aqueles que a demanden libremente e nunca imposta. E como coñecemento con claridade sobre o seu obxecto: a comprensión da mente humana -é dicir, das formas da experiencia da “realidade” por parte dos seres humanos e da súa conduta en función de tal experiencia- versus o control sobre os suxeitos.

Reseña aparecida pola publicación anarquista mensual Todo por hacer

  • Os libros “Que la lucha no muera. Ante la adversidad: reveldía y amistad” de Xosé Tarrío e “Acción travesti revolucionaria callejera. Supervivencia, revuelta y lucha trans antagonista” editado pola editorial imperdible, presentados recientemente no centro social.
  • Tamén na nosa sección de fanzines incorporamos tódalas edicións do colectivo anarquista Ácaros do baixo miño.

Pouco a pouco iremos incorporando máis novedades.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s