Proxección do documental “Yes we fuck” e conversa con algunhas das súas protagonistas

Xoves 15 de outubro as 20:00h.

Yes, we fuck! é un documental que quere abordar a sexualidade en persoas con diversidade funcional, xs chamadxs discapacitadxs.
Antonio Centeno, activista do movemento de Vida independente, e Raúl de la Morena, realizador de documentais, iniciaron este proxecto que quere visualizar, principalmente, o sexo en persoas con diversidade funcional e xerar así un novo imaxinario colectivo onde todxs, sen complexos, sen censuras, sen prexuízos e sen discriminacións, podamos gozar do sexo.

Yes, we fuck! non é só un documental, senón un proxecto onde a xente participa, dialoga e, sobre todo, cuestiona; no que as redes sociais teñen unha importancia fundamental. Ademais, o proceso de elaboración está a servir para tecer alianzas entre diferentes colectivos que traballan politicamente cuestións vinculadas ao corpo e a sexualidade (diversidade funcional, feminismos, transfeminismos, LGBT, queer, intersex, gordxs, entre otrxs).

Neste enlace varios videos sobre o proxecto: https://vimeo.com/yeswefuck

Advertisements

One response to “Proxección do documental “Yes we fuck” e conversa con algunhas das súas protagonistas

  1. Pingback: [Compostela] Proxección do documental “Yes we fuck” e conversa con algunhas das súas protagonistas | abordaxe·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s