Continúan as xornadas. Hoxe, minaría.

Contaremos coa charla “O escuro negocio da minaría en Galiza. Quen manexa os fíos? O exemplo de Cementos Cosmos en Triacastela

As connivencias entre a administración (concellos e Xunta) e as cementeiras ou empresas extractivas e mineiras van dende as “ subvencions” para investigar a viabilidade de explotacións de minerais (extraianse ou non), ata concesións de uso exclusivo das augas de un río sen que outras veciñas poidan regar, otorgar permisos de explotación en zonas protexidas ou de interese historico,  a tramitación de multas a gandeiras e agricultores que usan os recursos que sempre tuveron a man e que agora foron  cedidos a grandes corporación sen sequera informarlles, e por suposto aceptando licencias extractivas de xeito silencioso que se saltan as súas propias leis.

Non se consulta aos veciños, desplazanse as economías tradicionais, vendennos postos de traballo que serán para amigos de fóra ou que apenas serán testimoniais.

Non se duvida en modificar leis ou espazos protexidos, cambiar os usos da terra e deixar vía libre ao esquilme, para os depredadores.

¿De onde son? Canadienses, Brasileiros, Estadounidenses… multinacionais enormes que mercan filiais pequenas ou as crean e que subvencionan carreiras políticas locais ou estatais.

Novos inversores e promotores de nichos de mercado que precisan dos caciques locais de toda á vida.

Prensa que financian para colocar as suas mensaxes ou evitar que nos enteremos dos seus manexos, políticos para convencerrnos do seu “progreso”ou impoñerrnolo según de que partido sexan,

xuices ou administradores do “estado de dereito” para multarnos, ou deternos se non nos gustan as suas propostas.

A cara visible: progreso, crecemento, postos de traballo,  infraestructuras necesarias,  máis enerxía, máis cemento, novas tecnoloxías…

A escura: pechar escolas, centros de saúde, fusionar concellos, suvbencionar que estudiemos fora e  busquemos asalariarnos nas cidades, procurar curros para podernos pagar este tren de consumo que sale de destruir os nosos propios recursos.

O exemplo de Triacastela e as súas formas de loita, denuncia, contrainformación e organización, e a represión que sufren.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s