Comezo das xornadas antidesenvolvimento

Hoxe comezan as xornadas antidesemvolvimento a partir das sete.

Aproveitando o chamamento a solidariedade internacional con Marco Camenisch do 20 ao 22 de xuño proxectaremos o corto documental “Liberdade a Marco” que trata do seu caso.

Despois contaremos coa xente de “Montenoso” que nos falará dos montes veciñais en mancomún.

“Os montes veciñais en man común, exemplo de como as comunidades son quen de facer”

Todos os estados e administracións tentaron roubar e privatizar terras e montes para especular, vender ou extraer recursos. Dende os romanos, a Igrexa, a nobreza e os caciques. Máis aparentemente democráticos os burgueses coas desamortizacións do seculo XIX nos contaron que lle quitaban a terra á curas e nobres, pero non que o fixeron tamén coas propiedades comuns das aldeas, e tentar acabar así con esa outra democracia das formas de xestión veciñal e horizontal milenarias.

Franco non se quedou atrás e expropiou todolos montes comunais do Estado para introducir piñeiro e eucalipto cedendoos a familias poderosas, concellos e institucions forestais.

Tras a transacción á “Democracia” moitos montes foron recuperados polos veciños con moitas movilizacións e loitas, pero ainda quedan moitos conflictos abertos e montes “apropiados” por concellos. Con proxectos especulativos abertos en terras consideradas inalienables, inexpropiables e indivisibles polas leis consitudinarias de tradicion milenaria, que seguen a ter vixencia, ainda que desto nos conten ben pouco.

As formas de xestión tradicional son horizontais, asamblearias, propias de cada lugar, comunais e consensuadas. Xeitos de vivir a terra e dela e permitir a conservación dos ecosistemas e os recursos para os vindeiros.

As ameazas actuais son varias:

· Especulación de concellos. Centros comerciais (Cabral, Vigo), parques eólicos e poligonos industriais (Doniños, Ferrol)…

· Politicas de subvención ao eucalipto, cambio nas leis, obrigar aos veciños a ter proxectos firmados por “expertos”…

· Subvencións tentadoras de moitos millóns para a contratación de empresas forestais…

· Desmovilizar e romper ainda máis a tradición autoorganizada das veciñas, e o coñecemento desta fonte de recursos e autoemprego, para deixar o terreo a monstruos extractivos como ENCE, FINSA, Gamesa eolicos, empresas mineriras, etc.

Máis info en http://montenoso.net/.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s