Mes pola terra e contra o capital

Aproveitamos para sumarnos a esta terceira convocatoria internacional pola terra e contra o capital. A cal difundimos e recomendamos botarlle unha ollada ao material informativo e de reflexión que difunden.

Tamén recomendamos a lectura do texto “Contra un destino inaceptable. Por que o antidesenvolvemento?” escrito pola revista argelaga e traducido polos compas de abordaxe: https://abordaxe.wordpress.com/2015/06/16/contra-un-destino-inaceptable-por-que-o-antidesenvolvemento-x-revista-argelaga/

https://porlatierraycontraelcapital.wordpress.com/

Antes que unha nova tecnoloxía nos veña a querer convencer de que é posible un capitalismo verde, humano, unha xestión máis saudable da devastación e a vida controlada, decidimos intervir.
Antes de que nos afagamos a tanto espectáculo, a perder ata a última ilusión dun mundo onde a natureza escape a sermercantilizada e cosificada para uso estatal e empresarial, decidimos actuar.

As protestas pola terra, como todo neste sistema, tenden a fosilizarse, tenden a converterse en parte dos escaparates do “día de”.

En cambio, a acción descentralizada, frontal, libre e autónoma; a acción que busca a raíz do problema e os medios concretos para darlle solución, diríxese ao Capital e ás relacións sociais que este produce.

Antes de comprobar que xa non podemos beber máis auga ou ter que pagar por toda a comida ás mesmas empresas que a controlan, decidimos non esperar máis, decidimos potenciar a resistencia que hai un tempo atravesa os continentes e os océanos…

As accións de todo tipo únennos. Potenciemos a crítica real, a que leva en si mesma a práctica concreta dunha nova forma de entender a natureza e as relacións cos outros e o outro.

O desenvolvimento do capital faise a través de plans, os Estados e as empresas teñen as súas bases no territorio, a devastación concretiza se nas ferramentas que se poñen en uso, quitemos a resistencia da abstracción, o espectáculo e o desespero activista para convertela en accións que vaian realmente transformando a realidade. Xuntemos o compromiso e a proxección das nosas loitas para unha xerar unha transformación real e ampla.

O mes pola terra e contra o capital busca ser unha xornada nada estable ou sacra para potenciar nosas loitas polo territorio contra a devastación capitalista e as falsas receitas que intentan potenciar a dominación ou como máximo defender unha máis pequena…

Aos especuladores de todo tipo, á redución da vida e a natureza toda a mercadoría, á soberbia de quen se cree dono do vivo contrapoñemos a liberdade de todos.

A terra non se vende, deféndese!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s