Xornadas antidesenvolvimento

Van ter lugar unhas xornadas contra o desenvolvimento os días 17, 18, 19 e 22 deste mes de xuño.

Entre as actividades contaremos con:

Mércores 17

19:00· Presentación das xornadas e pase do video “Liberdade a Marco” 18 min. sobre o preso ecoanarquista Marco Camenisch.

20:00 · Charla: “Os montes veciñais en man común, exemplo de como as comunidades son quen de facer” A cargo de “Montenoso”.+ìnfo:montenoso.net.

Xoves 18

20:00h · Charla: “O escuro negocio da minaría en Galiza. Quen manexa os fíos?”
O exemplo de Cementos Cosmos en Triacastela.
A cargo de Marcos Celeiro.

Venres 19

19:00 · Presentación da publicación “Ouvea, o berro do monte. Revista en defensa da terra e do rural”.

20:00 · Charla: “A loita contra o Fraking en Burgos”. A cargo dun compañeiro anarquista de Burgos.

22:00 · Concertos, pinchada e petiscos veganos.
( Máis información próximamente).

Luns 22

20:00 · Presentación do documental: “En todas as mans”, proxecto audiovisual sobre os montes veciñais en mancomún.
Contaremos cos seus autores.
Máis info en http://www.entodasasmans.com.

Estamos situados na rúa algalia de riba 11, ao lado da praza do pan (cervantes), en Santiago de Compostela.

Daremos máis detalles de cada charla.

Millóns de coches aliñados no tráfico, contaminación masiva das industrias, fundicións de formigón para cubrir o verde para construír novas autoestradas, ferrocarrís, centros comerciais, cárceres, escolas, centros tecnolóxicos; residuos tóxicos e radiactivos vertidos nos ríos e baixo terra, animais xeneticamente modificados para actuar como reserva de órganos ou modelos para a investigación, outros miles de millóns encarcerados e asasinados cada ano para o noso consumo máis inútil; expropiación das terras dos pobos indíxenas de África, Asia e América do Sur ás mans dos gobernos e as multinacionais occidentais, guerras para captar os últimos recursos enerxéticos, novas armas químicas e tecnolóxicas probadas nas poboacións polos poderes imperialistas, aditivos químicos e canceríxenos nos alimentos que comemos, plantas co ADN modificado e bombardeadas con pesticidas para producir máis, bosques naturais arrasados para dar paso aos monocultivos intensivos e minas de ouro…

É PROGRESO O DEVASTACIÓN?

Anos de vida pasados en escolas, oficinas, fábricas pouco diferentes a unha prisión, ou diante das pantallas dos teléfonos móbiles, ordenadores e tv, encaixados nunha vida sempre feita de traballo, familia e diversión programada, convertémonos en máquinas que producen e consumen, volvéndonos cómplices dun sistema que mata e destrúe todo no mundo, a cambio de miserables comodidades tecnolóxicas que non nos fan felices.

É LIBERDADE O ALIENACIÓN?<a

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s