Próximamente: XORNADAS ANTIDESENVOLVIMENTO. XUÑO 2015. 17,18,19 E 22.

Millóns de coches aliñados no tráfico, contaminación masiva das industrias, fundicións de formigón para cubrir o verde para construír novas autoestradas, ferrocarrís, centros comerciais, cárceres, escolas, centros tecnolóxicos; residuos tóxicos e radiactivos vertidos nos ríos e baixo terra, animais xeneticamente modificados para actuar como reserva de órganos ou modelos para a investigación, outros miles de millóns encarcerados e asasinados cada ano para o noso consumo máis inútil; expropiación das terras dos pobos indíxenas de África, Asia e América do Sur ás mans dos gobernos e as multinacionais occidentais, guerras para captar os últimos recursos enerxéticos, novas armas químicas e tecnolóxicas probadas nas poboacións polos poderes imperialistas, aditivos químicos e canceríxenos nos alimentos que comemos, plantas co ADN modificado e bombardeadas con pesticidas para producir máis, bosques naturais arrasados para dar paso aos monocultivos intensivos e minas de ouro…

É PROGRESO O DEVASTACIÓN?

Anos de vida pasados en escolas, oficinas, fábricas pouco diferentes a unha prisión, ou diante das pantallas dos teléfonos móbiles, ordenadores e tv, encaixados nunha vida sempre feita de traballo, familia e diversión programada, convertémonos en máquinas que producen e consumen, volvéndonos cómplices dun sistema que mata e destrúe todo no mundo, a cambio de miserables comodidades tecnolóxicas que non nos fan felices.

É LIBERDADE O ALIENACIÓN?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s