CHARLA ANTICARCELARIA NO CSOA ESCARNIO E MALDIZER

charla scO xoves 16 de abril terá lugar unha charla anticarcelaria sobre o negocio do cárcere a cargo de santi cobos. A charla comezará sobre as oito e sobre as dez haberá un ceador e un espectáculo musical. Os beneficios irán destinados a apoio a presxs.

Sobre o ponente: Santiago Cobos entrara no cárcere con 20 anos e unha condena de 6 por uns delitos de roubo. Dende o primeiro momento en que se viu encirrado non pudo soportar a submisión que impón o sistema penitenciario e focalizou as súas enerxías a evadirse, literalmente. Intentouno ata con unha escala feita con sabas, como nos filmes, e os 6 anos se convertiron en 65, dos que chegou a cumprir encirrado 22, 16 deles en FIES, con varios intentos de fuga, folgas de fame, motíns e secuestros, e chegou a ser considerado polos falsimedios como un dos presos máis perigosos do estado; din que os axentes xudiciais lle lanzaban as notificacións voando dende dous ou tres metros de distancia, ao outro lado dun portón de ferro e barrotes. Tiñanlle medo. En 2012 acadou a liberdade condicional pero ata 2028 non será totalmente libre. Hoxe segue sendo un convencido luitador contra os cárceres e todo o que supoñen. “De outra cosa non, pero de cárceres sei bastante”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s