Este Sábado 25, Magosto Solidario de Stop Desafiuzamentos Compostela, no CSA do Sar!

rereEste Sábado 25, Stop Desafiuzamentos Compostela celebraremos o Magosto Solidario no CSA do Sar!! Comezaremos ás 17.00 e ao longo da tarde troulearemos coa foliada e as castañas na hortiña do centro social. A partir das 21.00h teremos Timba Poétika e micro aberto e petiscos . Estades tod@s convidad@s!!

Este magosto dará comezo a unha campaña que procurará por unha banda conseguir financiar os gastos derivados da actividade de Stop Desafiuzamentos así como facer un peto para asumir posibles multas polo desafiuzamento de Aríns o pasado 19 de Setembro.
Stop Desafiuzamentos non recibe nin acepta axudas de entidades alleas e por iso autofinanciámonos coas aportacións das persoas activistas e as solidarias.

Por outro lado, a campaña pretende romper co silencio mediático que se está a facer co problema da vivenda: lonxe da mensaxe que se quere transmitir dende as institucións, son moitas as persoas que seguen a ser botadas das súas casas por banca e demais estafadores, coa conivencia das institucións.

Esta campaña seguirá cun concerto n’ A Gentalha do Pichel, o día 14 de novembro, e máis unha charla e sesión vermú no C.S.O.A. Escárnio e Maldizer o 13 de decembro. Tamén se están a organizar varias charlas informativas. Iremos informando destas actividades a medida que as vaiamos confirmando. Estade atent@s!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s